Retórcese a realidade nas balanzas fiscais |
|
24 Jul 2008 |
Manuel Mera Seica só nos salva do desastre que o Estado español subvencione xenerosamente as pensións, infraestruturas e outros servizos, porque, se non fose deste xeito, Galiza estaría nas mesmas condicións que tantas nacións do Terceiro Mundo. En fin, que nos queixamos por gusto, que somos uns privilexiados sen o saber, e que canto máis copiemos deles máis avanzaremos (tamén en cultura e lingua). Isto é o que calquera galego ou galega tira como conclusión despois de ler os xornais ou escoitar a radio ou TV. |
"Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego" |
|
24 Jul 2008 |
Unha trintena de persoas representativas de diferentes campos da sociedade galega apresentaron este xoves, día 23 de Xullo, en Compostela o “Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego”. Un documento en que se subliña que “é o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados”. Ao manifesto poderán sumarse os colectivos e cidadáns que así o desexaren a través da web da Mesa, www.amesanl.org, e doutras páxinas. |