Novo exemplar do Tempo Sindical

11 Jul 2008

Publicación atinxe o número 57 - Xullo de 2008

O Tempo Sindical, voceiro da Confederación Intersindical Galega, alcanzou xa o número 57. A análise da crise do sistema capitalista e as súas consecuencias sobre a clase traballadora abórdanse por medio de entrevistas ao secretario xeral do sindicato, Suso Seixo, e ao economista Xavier Vence. O Tempo Sindical tamén recolle as alternativas que propón a central para combater as desigualdades creadas polo actual sistema económico.

...

Tempo Sindical nº 57

Descarregar Tempo Sindical nº 57 - Xullo de 2008

[PDF | 3.7 MB]

O voceiro da CIG realiza, ademais, reportaxes analíticas acerca da situación dos obreiros portugueses que traballan na Construción no noso país, sobre novos casos de deslocalización de empresas ou en relación coas políticas de xénero.

Outros temas tratados son a participación masiva de traballadoras e traballadores nas manifestacións que organizou a CIG no Primeiro de Maio, o expediente de regulación de emprego en MARTINSA-FADESA en A Coruña, a admisión a trámite da querela do sindicato contra sete altos cargos de Fomento pola súa actuación no naufraxio do Cordero, as mobilizacións das operarias da conserveira Pérez Lafuente, as melloras atinxidas no sector do Transporte en Pontevedra ou a loita polo mantemento dos postos en Cedonosa.

Na sección internacional analízanse as mudanzas políticas producidas no Paraguai ou a represión e exterminio de sindicalistas na Colombia. Na sección histórica, Manuel Mera recorda a loita operaria e a conseguinte represión acontecidas na América Latina de comezos do século XX.

A contracapa está dedicada a unha entrevista aos músicos Mini e Mero, que levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a través de composicións combativas e patrióticas.

O presente exemplar conta con colaboracións de Clodomiro Montero, Héctor López de Castro e Moncho Boán.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
blog tool