Campaña da CIG contra o actual modelo económico e en demanda de medidas para que a clase traballadora non pague a crise

28 Jun 2008

Convocaranse mobilizacións para a primeira quincena de Novembro

A CIG acaba de anunciar o lanzamento dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual situación de crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as condicións de vida da clase traballadora, favorezan realmente aos sectores produtivos e posibiliten maior autogoberno para a Galiza. Unha campaña que se quer facer chegar a todas as organizacións do nacionalismo para poder dar unha resposta común ante unha crise que vai afectar a maioría da poboación.