CIG AEAT reuniu con a directora de Recursos Humanos

19 Jun 2008
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

A petición nosa e para tratar diversas temas, nomeadamente SVA

No passado dia 16 de Xuño Sara Ugarte, directora de RRHH, recebeu Antón Lestón, en representación da CIG, para tratar diversos temas, especialmente virados para o Servizo de Vigilancia Audaneira (SVA).

En concreto, e falando no SVA, tratamos o tema da segunda actividade, horarios, interpretación do acordo, comisións de servizo, rotacións nas bases de operativo e investigación, e tamén o problema que teñen os funcionarios do servizo maritimo ao non dispor de computadores con conexion a intranet para consultar o painel do empregado, ben como o pedido da reunion da Comision Paritaria de Vixilancia, Interpretación e Seguimento do Acordo Horario no SVA, cuestión esta última en que puxemos énfase especial, pois é que leva dous anos sin se reunir.

...

En xeral, a directora de Recursos Humanos dixo entender as nosas peticións, embora sexa certo que en nengun caso nos deu compromiso ou data algunha para axendarmos unha reunion nun prazo próximo, comentándonos que tiña estudado o Acordo Horario do SVA e que, ao seu entender, tiña moitas ambiguidades e distintas interpretacións.

Da CIG respostamos que niso estaba precisamente a importancia da reunión da Comisión Paritaria, por sinal a verdadeiramente encarregada pola interpretacion do acordo horario, e non somentes sob responsabilidade da Administracion, como é que está a acontecer nestes dous últimos anos.

A reunión non serviu para todo o que nós tíñamos desexado, mais entendemos que é importante termos contactos periódicos coa dirección de Recursos Humanos e, ao mesmo tempo, implicarmos as/os traballadoras/es para luitar por iso, pois de seu non nos vai vir nengunha mellora.