CIG AEAT reuniu con a directora de Recursos Humanos |
|
| 19 Jun 2008 |
No passado dia 16 de Xuño Sara Ugarte, directora de RRHH, recebeu Antón Lestón, en representación da CIG, para tratar diversos temas, especialmente virados para o Servizo de Vigilancia Audaneira (SVA). En concreto, e falando no SVA, tratamos o tema da segunda actividade, horarios, interpretación do acordo, comisións de servizo, rotacións nas bases de operativo e investigación, e tamén o problema que teñen os funcionarios do servizo maritimo ao non dispor de computadores con conexion a intranet para consultar o painel do empregado, ben como o pedido da reunion da Comision Paritaria de Vixilancia, Interpretación e Seguimento do Acordo Horario no SVA, cuestión esta última en que puxemos énfase especial, pois é que leva dous anos sin se reunir. |