Nota conxunta sobre o Acordo de Promoción Interna |
|
| 12 Jun 2008 |
A seguir disponibilizamos a nota conxunta sobre o Acordo de Promoción Interna, que foi ratificado onte na Mesa Xeral da AEAT. Na vindoiras semanas comezarán a ser estudados outros temas derivados do Acordo de Carreira Administrativa. Xa vos informaremos das novidades.
|
Publicada a orde reguladora do cheque infantil para a atención de nenos en escolas infantís non sustidas con fundos públicos |
|
| 12 Jun 2008 |
A Secretaría da Muller da CIG informa que o Diario Oficial de Galiza publicou, a 10 de Xuño, a orde que regula as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís (de 0 a 3 anos) non sustidas con fundos públicos.
|
A CIG aposta pola mobilización contra as pretensións da UE de ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas |
|
| 12 Jun 2008 |
A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora. |