Acordo de Promoción Interna |
|
| 04 Jun 2008 |
No día de onte asistimos a reunións maratonianas para tratar de perfillar os criterios definitivos para a promoción interna, tal e como se estabelecía no Acordo de Carreira Administrativa. Nunha primeira valoración consideramos a proposta da AEAT para promoción interna como boa, mais millorable; non se entra no “fundo” e non recolle moitas das nosas peticións: adaptación dos temas requeridos para superar as probas ao traballo que se vai desenvolver, redución de temarios, etc.. Tamén somos cépticos das ventaxas que poda ter a fórmula de concurso-oposición, posto que, obviamente, non saberemos a súa incidencia até que se puxer en marcha. Resposta: No aspecto positivo, valoramos como moi boa noticia o feito de que xa teñamos o compromiso da AEAT de conservar a nota do exame durante dúas convocatorias, (que será aplicarado xa nos exames deste ano), así como que fique aberta a posibilidade de estudar novas propostas para mellorar a promoción interna. Na reunión de onte vimos como o resto da parte social asinaba o este acordo de promoción interna, mais nós non queremos asinar nada sen contar coa vosa opinión. A tal efeito, teremos a finais de semana unha xuntanza para tomar unha decisión sobre a posibilidade de nos somar, ou non, a este acordo, polo cal agradecemos que contactedes cos nosos delegados e lles fagades chegar a vosa opinión.
|