Acordo de Promoción Interna

04 Jun 2008

Disponibilizamos texto do acordo

No día de onte asistimos a reunións maratonianas para tratar de perfillar os criterios definitivos para a promoción interna, tal e como se estabelecía no Acordo de Carreira Administrativa.

Nunha primeira valoración consideramos a proposta da AEAT para promoción interna como boa, mais millorable; non se entra no “fundo” e non recolle moitas das nosas peticións: adaptación dos temas requeridos para superar as probas ao traballo que se vai desenvolver, redución de temarios, etc.. Tamén somos cépticos das ventaxas que poda ter a fórmula de concurso-oposición, posto que, obviamente, non saberemos a súa incidencia até que se puxer en marcha.

Full story »

 

Xornadas Internacionais de Economía Social

04 Jun 2008

Pretenden servir como foro de reflexión e para compartir experiencias

Os días 13 e 14 de Xuño terán lugar en Santiago de Compostela as Xornadas Internacionais de Economía Social organizadas pola CIG en colaboración coa Federación de Cooperativas SINERXIA.

Tanto para a CIG como para SINERXIA, estas xornadas constitúen unha oportunidade para dar a coñecer os valores do cooperativismo e a contribución de ambas organizacións na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, alén de ser unha boa oportunidade para compartir experiencias e reflexións co movemento sindical, responsábeis e técnicos municipais de áreas de desenvolvemento local, centros de ensino, tecido asociativo e todas as persoas interesadas na economía social.

Full story »