Campaña da CIG contra o actual modelo económico e en demanda de medidas para que a clase traballadora non pague a crise

28 Jun 2008

Convocaranse mobilizacións para a primeira quincena de Novembro

A CIG acaba de anunciar o lanzamento dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual situación de crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as condicións de vida da clase traballadora, favorezan realmente aos sectores produtivos e posibiliten maior autogoberno para a Galiza. Unha campaña que se quer facer chegar a todas as organizacións do nacionalismo para poder dar unha resposta común ante unha crise que vai afectar a maioría da poboación.

 

Convocatoria do proceso selectivo para a consolidación do emprego temporario do persoal laboral que participa na Campaña de IRPF

27 Jun 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos a convocatoria do proceso selectivo para a consolidación do emprego temporario do persoal laboral que participa na Campaña do Imposto de Rendimentos (IRPF). Respecto aos temarios para a preparación do exame, a Subdirección de Formación infórmanos que até meados de Xullo non estarán disponíveis e que serán facilitados ao pessoal interesado através das Delegacións e Administracións.

 

Por que soben os prezos?

25 Jun 2008
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta

Os prezos dos alimentos ou os do petróleo están a subir pola mesma razón de fondo: porque as grandes corporacións impoñen a súa lei, porque os gobernos deixan que fagan, porque falan e falan de mercados libres e de competencia cando o que existe de verdade son mercados sumamente imperfectos, oligopolios con máis poder que os gobernos e con influencia suficiente nos mercados como para impor prezos que constantemente lles garanten beneficios extraordinarios.

Full story »

 

Axudas Acción Social para a formación en idiomas estranxeiros

23 Jun 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir fornecemos información sobre as axudas da AEAT para o estudo de idiomas estranxeiros, disponibilizadas hoxe na Intranet, ben como a relación dos distintos prazos para apresentar os pedidos para as axudas de Acción Social durante este ano 2008.

 

Acto en Ourense para apresentar as actividades realizadas pola CIG en materia de cooperación internacional

23 Jun 2008

Centrarase na situación do Sara Ocidental

O mércores 25 de xuño ás 19h30 terá lugar un acto na CIG de Ourense para dar a coñecer a actividade da CIG no seu departamento de Relacións Internacionais e Cooperación para o desenvolvimento, e máis concretamente, das accións levadas adiante no Sara.

Desde fai varios anos, a CIG ven desenvolvendo unha serie de actividades internacionais de Cooperación para o Desenvolvimento, utilizando para iso o seu Departamento Confederal de Relacións Internacionais e Cooperación.

Full story »

 

Aprobados Especialidade Tributaria

20 Jun 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Na páxina da Axencia Tributaria tedes xa a resolución dos funcionarios que superaron as probas da Especialidade Tributaria, quer no Corpo Xeral Administrativo, quer no Corpo Xeral Auxiliar.

 

Bolsas para promoción interna

20 Jun 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos en formato pdf a Orde do Ministerio da Economia e da Facenda através da cal son convocadas bolsas para a preparación das provas selectivas de aceso, polo sistema de promoción interna, aos corpos e especialidades convocadas polo Ministerio da Economia e da Facenda e a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 

CIG AEAT reuniu con a directora de Recursos Humanos

19 Jun 2008
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

A petición nosa e para tratar diversas temas, nomeadamente SVA

No passado dia 16 de Xuño Sara Ugarte, directora de RRHH, recebeu Antón Lestón, en representación da CIG, para tratar diversos temas, especialmente virados para o Servizo de Vigilancia Audaneira (SVA).

En concreto, e falando no SVA, tratamos o tema da segunda actividade, horarios, interpretación do acordo, comisións de servizo, rotacións nas bases de operativo e investigación, e tamén o problema que teñen os funcionarios do servizo maritimo ao non dispor de computadores con conexion a intranet para consultar o painel do empregado, ben como o pedido da reunion da Comision Paritaria de Vixilancia, Interpretación e Seguimento do Acordo Horario no SVA, cuestión esta última en que puxemos énfase especial, pois é que leva dous anos sin se reunir.

Full story »

 

Nomeación administrativos da última promoción interna

18 Jun 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos resolución publicada no BOE coa nomeación de funcionarios de carreira, polo sistema de promoción interna para persoal funcionario, do Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado (Oferta de Emprego Público 2007).

 

Acordo Horario SVA e anexos ao mesmo

18 Jun 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos em pdf o Acordo AEAT-Sindicatos sobre o horário especial no trabalho do Servizo de Vigilancia Aduaneira, de 21 de Xullo de 2005. Igualmente, acompañamos anexos de 5 de Outubro de 2005 (liñas mestras) e de 21 de Marzo de 2006.

 

1 2 >>