Reunión Acción Social (21-05-2008)

21 Mai 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Na reunión de hoxe acerca da Acción Social foron tratadas diversas cuestións xerais acerca das axudas para o ano 2008:

- Foinos entregue a resolución para as axudas polos gastos de viaxe para as/os traballadoras/es que se teñen que deslocar para realizar o exame da Especialidade Tributaria, pois o mesmo só se fai en determinadas provincias.

- Comunícannos que no mes de Maio serán pagas as axudas de xubilación, vivenda, falecimento e incapacidade, ben como as de nacimento e primeira infancia (modalidades 2.1 e 2.2)

- Infórmannos da existencia do "Teléfono de Asistencia Familiar", que xa está totalmente operativo e parece ser que con moi bo resultado. Neste telefone poden ser consultadas todo tipo de cuestións (médicos, problemas no traballo, axudas...). Se ainda non coñecerdes, o número é 900 900 066 (cando vos pedir a seña ou palavra-chave, ela é AGT 439 V).