CIG-AEAT impulsa novas iniciativas a respeito da Campaña de IRPF 2007 |
|
| 21 Mai 2008 |
Comezada xa a Campaña de Renda deste ano, queremos informar-vos, caso non teñan ainda chegado a vós, das últimas novidades e iniciativas que estamos levando a cabo na mesma. Destarte, nos pasados días tivemos diversas conversas coa Xefatura de Xestión da Galiza para que tratase, na medida do posíbel, de respeitar o horario que fose do agrado da maioría das/os funcionarias/os nas diversas Delegacións e Administracións da AEAT. Tamén lle fixemos chegar a nosa iniciativa para reclamar as horas efectivamente traballadas na Renda, dado que, como nos demais anos, están a ser feitas horas en exceso a respeito do horario previsto. Resposta: Nese sentido, pedimos a vosa participación para, tamén ás tardes, fichardes as horas traballadas, e asin, de unha maneira ou doutra, poderen vir a ser recompensadas cando findar a campaña... Xa está ben de regalar as horas á AEAT!!! Igualmente, é a nosa intención reivindicar estes asuntos através das distintas Xuntas de Persoal de todas as Delegacións galegas para conseguirmos os máximos apoios posíbeis. Falando nisso, nos pasados días diriximos os seus respectivos escritos tanto á delegada especial como a Relacións Laborais en Madrid, para coñeceren a nosa postura e non ficaren desprevenidos. Abaixo disponibilizamos copia do escrito que apresentamos; se considerardes algunha cuestión máis que non recolla o escrito, facédeo chegar aos delegados da CIG para remetermos um outro coas queixas adicionais que sexan precisas.
|