Novidades Promoción Interna MAP - Especialidade

12 Mai 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Promoción Interna interministerial

Na páxina web do MAP e no BOE de hoxe tendes tanto as datas de realización dos exames de promoción interna como os listados de admitidos e excluídos aos diferentes procesos selectivos (Corpo Auxiliar, Administrativo, Xestión...). A seguir disponibilizamos un ficheiro coas datas dos exames, se precisardes máis información podedes consultar a páxina web do MAP (www.map.es).

Especialidade Tributaria

Como xa sabedes, o día 24 de maio é o exame da Especialidade Tributaria. Nestes días estivemos a receber moitas consultas acerca de se o día anterior do exame vai ser laborábel ou non para as/os funcionarias/os que se apresentaren nesta convocatoria. Depois das consultas pertinentes, parece ser cada Delegación Especial dará as instrucións a respeito. No que compete ao noso ámbito, confirmáronnos que o día anterior ao exame NON concederán nengunha permisión para os que se examinaren...(sen comentarios)