Mesa de Saúde Laboral de 29 de Abril

02 Mai 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

No día 29 de Abril reunímonos a parte social e a Administración na Comisión Permanente de Saúde Laboral. Como xa repetimos en numerosas ocasións, a AEAT non se importa com a saúde das/os suas/seus traballadoras/es, e unha vez máis demonstrouno enviando para presidir a reunión un funcionario sen ningún poder para tomar decisións.

Nesta reunión a Axencia entregounos diversa documentación e as estatísticas relativas ao número de acidentes laborais do ano 2007, dos cais como nos anos anteriores, unha porcentaxe altísima corresponde ao colectivo do Servizo de Vixilancia Aduaneira.

...

Fixemos constar na acta e entregamos un escrito coa nosa denuncia do acontecido na base de Marín, na cal, en horario nocturno foi programada unha saída nunha embarcación rápida (Colimbo III) a funcionarios sen experiencia neste tipo de embarcacións, sen lles daren ningún tipo de información sobre os meios de salvamento, contraincendios, nen indicación sobre a situación dos chalecos salvavidas, armas, extintores...etc., pondo en claro perigo a súa vida.

Neste sentido, solicitamos a abertura dun expediente ao responsábel por non informar desas cuestións básicas á hora de embarcar, pois entendemos que ten que ser facilitada se de verdade a Axencia quer acabar cos accidentes laborais no SVA. Reiteramos que debe haber unha Mesa de Saúde Laboral específica para o colectivo do SVA, debido á peculiaridade do seu traballo.

Por outro lado, despois de inumerábeis peticións da CIG, a AEAT acedeu a medir as radiacións dos radares instalados nas embarcacións. As previsións son que comezarán, de modo experimental, en Alacante, extendéndose a seguir a todas as Bases.

Tamén apresentamos a nosa queixa sobre o acidente laboral ocorrido no aceso de discapacitados na Delegación da Coruña, e as condicións de traballo nas Delegacións de Ferrol e Vigo.

Fixemos chegar a inquietude de determinadas Administracións da AEAT da Galiza sobre o horario previsto para a Campaña de Renda, a este respeito entregóusenos documentación sobre as condicións mínimas esixibéis aos locais destinados a Plataformas de IRPF, que temos á vosa disposición no local da CIG da Delegación da Coruña.