Nova proposta da AEAT para Promoción Interna |
|
30 Mai 2008 |
Estes días asistimos de novo a diversas reunión da Mesa de Traballo de Carreira Administrativa para estudar as diferentes propostas da AEAT para a promoción interna. No día de onte, en sesións de mañá e tarde, estudamos até tres propostas distintas da Axencia, onde a CIG tratou de que fosen recollidas a totalidade das condicións xa fixadas no Acordo de Carreira Administrativa. De momento, a AEAT, continua coa pretensión de deixar fóra da negociación os procesos selectivos da promoción interna ao Subgrupo A1, e a respeito da posibilidade de reducir materia segundo a antigüidade, vai propor a viabilidade ao MAP, mais sen marcar datas nin prazo algún. |
CIG-Administración promove campaña para que se garantan os direitos da cidadania a ser atendida en galego |
|
22 Mai 2008 |
A CIG-Administración acaba de anunciar, en conferencia de imprensa, o lanzamento dunha campaña dirixida a fomentar o uso do galego en todos os ámbitos da administración pública, sob o lema “Polo direito ao uso do nosos idioma nas administracións públicas”. Para iso, alén de sensibilizar os traballadores e traballadoras, será exixido dos responsábeis políticos o cumprimento da legalidade vixente nesta materia.
|
Reunión Acción Social (21-05-2008) |
|
21 Mai 2008 |
Na reunión de hoxe acerca da Acción Social foron tratadas diversas cuestións xerais acerca das axudas para o ano 2008:
|
Rechazada proposta da AEAT para Promoción Interna |
|
21 Mai 2008 |
Nestes días temos asistido a diversas reunións para tratar coa AEAT os criterios para a promoción interna, segundo o establecido no Acordo de Carreira Administrativa. As propostas da AEAT pasan por deixar fóra da negociación a pasaxen para o Subgrupo A1 (para que todo continue na mesma) e facer unhas ponderacións distintas da fase de concurso e da de oposición, segundo se trate do acceso ao Subgrupo A2 ou ao Subgrupo A1. Por outro lado, a Axencia pretente que, para gardar o aprobado dun ano para outro, sexan superados os exames cunha determinada pontuación mínima. |
CIG-AEAT impulsa novas iniciativas a respeito da Campaña de IRPF 2007 |
|
21 Mai 2008 |
Comezada xa a Campaña de Renda deste ano, queremos informar-vos, caso non teñan ainda chegado a vós, das últimas novidades e iniciativas que estamos levando a cabo na mesma. Destarte, nos pasados días tivemos diversas conversas coa Xefatura de Xestión da Galiza para que tratase, na medida do posíbel, de respeitar o horario que fose do agrado da maioría das/os funcionarias/os nas diversas Delegacións e Administracións da AEAT. Tamén lle fixemos chegar a nosa iniciativa para reclamar as horas efectivamente traballadas na Renda, dado que, como nos demais anos, están a ser feitas horas en exceso a respeito do horario previsto. |
Campaña para pedir a regulamentación da segunda actividade no SVA |
|
21 Mai 2008 |
Da CIG-AEAT estamos a traballar para que a AEAT se sente dunha vez a negociar o regulamento da segunda actividade de Vixilancia Aduaneira. Ante o silencio, cando non a negativa, da AEAT dirixímonos a varias instancias para pedir que convoquen a correspondente Mesa de Negociación. O ano pasado, no Congreso dos Deputados, por mediación do grupo do BNG levamos a cabo varias iniciativas tendentes a obrigar a Administración a que cumpra a Lei; este ano voltaremos a tentalo, para que se debata antes do verán, a poder ser, e no mínimo conseguirmos que a AEAT teña que dar explicacións dos seus incumprimentos nas Cortes Xerais. |
Proposta da AEAT para Promoción Interna |
|
20 Mai 2008 |
A seguir disponibilizamos a proposta da AEAT para a Promoción Interna, que, como sabedes, pasará a ser Concurso-Oposición depois do aprobado no Acordo de Carreira Administrativa. Isto vaise tratar nun grupo de traballo que se reúne hoxe, as 11h00 en Madrid e do que a CIG fai parte. Facédenos chegar as vosas propostas e suxestións sobre este tema pois queremos contar coa vosa opinión. |
CIG-AEAT reclama aceso à intranet para o pessoal do SVA |
|
19 Mai 2008 |
Ante as inúmeras queixas das/os compañeiras/os do SVA relativas á imposibilidade de acederen a Intranet da AEAT, a CIG apresentou na semana pasada un escrito de reclamación diante da Dependencia de Aduanas e Impostos Especiais na Galiza. A discriminación que sofre este persoal a respeito do resto das/os compañeiras/os da AEAT é grave, pois nem sequer poden ver o seu ordenado ou nómina mensal. A seguir disponibilizamos o escrito apresentado:
|
Os galegos e galegas encheron a Quintana para reclamar “o direito a vivermos en galego” |
|
19 Mai 2008 |
A pesar da chuvia, que por momentos fixo acto de presenza, as rúas de Santiago de Compostela enchéronse onte de manifestantes chegadas/os de todos os pontos do País para reivindicar "o direito a vivermos en galego". A manifestación contou co apoio de quiñentos colectivos do máis diverso tipo, entre eles a CIG.
|
CIG-AEAT apresenta queixa sobre a Carreira Administrativa do SVA |
|
14 Mai 2008 |
Hoxe, dia 14 de Maio, demos entrada no Registro Xeral a un escrito-queixa dirixido ao departamento dos Recursos Humanos acerca da discriminación que as/os compañeiros do SVA están a sofrer na aplicación do Acordo da Carreira Administrativa. A seguir disponibilizamos o mesmo para a súa divulgación:
|
BOE publica resolución Concurso Auxiliares (C2) |
|
14 Mai 2008 |
Disponibilizamos a seguir a resolución publicada hoxe no BOE do Concurso de Auxiliares (C2, 2007 G 01) cuxa convocatoria tiña sido publicada no dia 29 de Agosto. Parabéns ás/aos afortunadas/os: |
Cursos AEAT de Formación Continua 2008 |
|
12 Mai 2008 |
Disponibilizamos a relación de cursos que tendes á vosa disposición na Intranet da AEAT; o pedido dos cursos faise de xeito telemático. Para todas aquelas persoas que NON tendes a chave para aceder á Intranet (sinaladamente, persoal do SVA), podedes anotarvos enviando un fax con o pedido. No ficheiro que colocamos a seguir xa vai un modelo para se apontar e o número de fax de Formación, xa que a grabación do voso pedido xa é feita directamente en Madrid.
|
Novidades Promoción Interna MAP - Especialidade |
|
12 Mai 2008 |
|
Paris 1968: o reverso da utopia |
|
10 Mai 2008 |
Augusto C. Buonicore (*) Apesar do caráter utópico do projeto esboçado por parte importante das lideranças estudantis e intelectuais, o Maio de 1968 não foi a realização, ainda que fugaz, da utopia anárquico-comunista. Ele, pelo contrário, foi à expressão de uma luta de classes que atingiu um patamar bastante elevado, pondo em xeque a estabilidade do regime e em polvorosa a burguesia e seus representantes.
|
Subvención para estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas |
|
09 Mai 2008 |
A Secretaría da Muller da CIG informa que no DOG de 8 de Maio figura unha subvención pola cal son convocadas estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
|