Axudas de Acción Social polos gastos de viaxe para obtención da Especialidade Tributaria |
|
| 09 Abr 2008 |
Hoxe tivemos reunión de Acción Social en que a AEAT nos informou do xeito en que se van pagar os gastos por dietas para todas aquelas persoas que tiveren que desprazarse até aos lugares de exame para a obtención da Especialidade Tributaria. Após unha consulta da AEAT á CECIR , parece ser que estes gastos non poden ser asumidos aplicando o RD de Dietas ao non existir un curso selectivo posterior ao exame. ... A fórmula que vai utilizar a AEAT para pagar os gastos será a través das axudas de ACCIÓN SOCIAL, polo cal vai ser modificada a redacción deste texto, incluindo a obtención da especialidade dentro dos gastos subvencionáveis no apartado de “AYUDAS A LA PROMOCIÓN DEL PERSONAL”, para que así, todas/os as/os funcionarios poidan solicitar a compensación dos gastos de desprazamento. A AEAT cuantifica o custo dos desprazamentos en 60.000 euros, xa que hai aproximadamente 1.700 instancias. Da CIG defendemos que a Administración ten que asumir estes gastos sen minorar ninguna otra axuda do Plan de Acción Social, portanto exiximos que, no seu caso, sexa buscada a fórmula precisa para dotar dos diñeiros suficientes o Plano.
|