Acaban traballos da Comisión de Valoración do Concurso C2 (BOE 29-08-2007) |
|
| 03 Abr 2008 |
Hoxe remataron as reunións da Comisión de Valoración do concurso de Auxiliares, pero ainda non está o concurso pechado, xa que, como xa sabedes segue aberto o prazo para renunciar (até o luns dia 7), polo que seguramente haberá mudanzas nas adxudicacións. No que respeita ás prazas de Galicia, detectamos ainda erros non depurados na valoración dos cursos de galego (Méritos Específicos), e tamén algún erro pontual no apartado de "Trabajo Desarrollado", erros que se están a corrixir nestes dias. ... Respeito á baixada das puntuacións mínimas para que non haxa prezas vacantes, estarase aos informes de cada Delegado/a Especial sobre a necesidade da súa cobertura. Na Galiza, neste caso só está unha praza de nível 18 na Administración de Ferrol, e ainda non sabemos se será adxudicada ou non. Hoxe non se facilitaron listados (os últimos son do dia 2 de Abril) mañá a última hora da maná facilitarán outros novos coas modificacións palas reclamacións e renuncias destes dias. Lémbrade que, se quixerdes renunciar a algunha praza, debedes dar entrada ao escrito non só no rexistro, mais tamén no fax de Concursos: 91 583 47 43, xa que por rexistro pode retrasarse a grabación da renuncia uns dias.
|