Proposta de adxudicación de postos Concurso C2 (BOE 29-08-2007)

02 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Hoxe botouse un primeiro vistazo as prazas do concurso, pero aínda continuarán mañá os traballos da Comisión de Valoración. No que respecta as prazas de Galicia, detectamos aínda erros non depurados respecto a valoración dos cursos de galego (Méritos Específicos), e tamén no apartado de “Trabajo Desarrollado”, xa que hai concursantes aos que non se lles valorou neste apartado os traballos administrativos realizados na Xunta previamente ao seu paso á AEAT.

Aínda que son casos moi puntuais, non podemos entender cómo a estas alturas do concurso, a AEAT alega que non conta con esa información cando ésta se pode consultar por cada interesado mirando o seus datos na propia Intranet da Axencia.

...

Mañá miraranse as prazas que quedaron aparcadas por algunha incidencia, as reclamacións que seguen chegando nestes días, e a postura da AEAT sobre a baixada da puntuación mínima nalgunhas prazas para que éstas non queden vacantes.

Lembrade que os listados aínda son provisionais, e que segue aberto o prazo de renuncias ata o 7 de abril, polo que pode haber cambios nas adxudicacións durante a semana que vén.