Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89
Hoxe tivemos a primeira tomada de contacto do concurso de Auxiliares. Como segue habendo moitos erros nas puntuacións non se viu ningunha praza, só se facilitou información de certos aspectos do concurso a nivel xeral.
Lembrai que os listados e as suas actualizacións están disponibilizados no Panel de RRHH na intranet da AEAT, neles xa aparecerá a puntuación do Plan Concilia e o "Informe do xefe" (as prazas da Galiza están nas páxinas 69 a 72, e 608 a 828).
...
- Para os que resulten adxudicatarios de prazas no concurso, vaise aplicar a CARREIRA ADMINISTRATIVA tomando como base o nivel obtido no concurso, polo que, dependendo do nivel da praza obtida os adxudicatarios poden acortar os “saltos” para chegar ao Tramo que lles corresponda por antigüidade.
- PREVISIÓN RESOLUCIÓN DO CONCURSO: Esta semana non haberá máis reunións da Comisión de Valoración. Está previsto que continúen o martes, mércores e xoves da semana que vén, (1, 2 e 3 de abril) data na que se espera rematar o concurso.
- RENUNCIAS: Segundo as previsións de RRHH, o prazo de renuncias estará aberto ata o día 7 DE ABRIL (OLLO, É UNHA PRIMEIRA PREVISIÓN). Na Comisión comentouse que, para favorecer a dinámica do concurso, é RECOMENDABLE QUE SE PRESENTEN AS RENUNCIAS CANDO ANTES, para evitar posibles sorpresas e cambios nas adxudicacións no último momento. Estade atentos ao posible cambio da data límite para presentar a renuncia.
- PLAN CONCILIA: Estase revisando a documentación das peticións de conciliación, hai 123 solicitudes denegadas, e case 20 pendentes de completar a documentación.
- LISTADOS: A finales desta semana é posible que faciliten novos listados, do concurso. Estade atentos por se hai novidades.
SEGUIREMOS INFORMANDO!!!!
Caso calquer dúvida, só tendes de contactar connosco (CIG AEAT Delegación da Coruña - Telef.: 981 61 68 89 / Fax 981 12 72 22).