Primeiros listados do Concurso Auxiliares xa disponibilizados (C2 - BOE 29-08-2007)

11 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Xa están os primeiros listados do Concurso de Auxiliares dependurados na Intranet da AEAT (painel de RRHH). Aqui no blogue da CIG-AEAT disponibilizamos as bases do concurso para que comprobedes a vosa pontuación (é máis cómodo que estudar o BOE...).

As pontuacións, por agora, son moi provisionais e falta o "informe do xefe" (apartado TD3); revisainas ben, pois pode haber erros. Para poderdes ver eses mesmos listados pola Intranet primeiro entrades na Intranet e despois ides a "RRHH, Información General, Provisión de Puestos, Adjudicaciones Provisionales".

A primeira reunión da Comisión está prevista para o día 27 de Marzo. Caso calquer dúvida, só tendes de contactar connosco (telef.: 981 61 68 89 / Fax 981 12 72 22).