A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respeito aos máis básicos principios democráticos |
|
| 28 Mar 2008 |
A Confederación Intersindical Galega (CIG) manifesta a súa indignación e estupor pola persecución das ideas e a criminalización de colectivos e persoas polo simple feito de seren nacionalistas, tal e como acreditan os documentos internos da Garda Civil aos que tivo aceso o Movemento polos Dereitos Civís. A CIG denuncia a existencia dun protocolo de actuación do instituto armado para identificar calquer persoa ou colectivo que presente o máis mínimo trazo de ideoloxía nacionalista, manifestada en síntomas tais como levar no seu veículo un autocolante coas siglas GZ ou ser membro dunha asociación cultural. |
Cinco anos de genocídio no Iraque |
|
| 27 Mar 2008 |
Altamiro Borges (*) O desastre no Iraque comprova que o imperialismo não é invencível. O crescente desgaste dos senhores da guerra, dos neocons de Bush, e a grave recessão neste país revelam que o império está em declínio. Para acelerar este processo, indispensável à paz no mundo e ao bem-estar da humanidade, é preciso reforçar as denúncias do genocídio e a solidariedade aos povos vítimas da ação imperial Às 5h35 da madrugada 20 de março, no horário de Bagdá os EUA iniciaram o brutal bombardeio aéreo ao Iraque com o objetivo de invadir esta nação soberana. Ao completar cinco anos desta tragédia, crescem as analises sobre os seus efeitos na geopolítica mundial. |
Novos listados do Concurso de Auxiliares (C2 - BOE 29-08-2007) |
|
| 26 Mar 2008 |
Hoxe tivemos a primeira tomada de contacto do concurso de Auxiliares. Como segue habendo moitos erros nas puntuacións non se viu ningunha praza, só se facilitou información de certos aspectos do concurso a nivel xeral. Lembrai que os listados e as suas actualizacións están disponibilizados no Panel de RRHH na intranet da AEAT, neles xa aparecerá a puntuación do Plan Concilia e o "Informe do xefe" (as prazas da Galiza están nas páxinas 69 a 72, e 608 a 828). |
A Mesa chama a sociedade galega a mobilizarse masivamente “polo dereito a vivirmos en galego” |
|
| 25 Mar 2008 |
A Mesa pola Normalización Lingüística chama a sociedade galega a mobilizarse masivamente “Polo dereito a vivirmos en galego”, lema que encabezará a manifestación que a asociación en defensa da lingua convoca para o vindeiro 18 de Maio en Santiago de Compostela. |
Publicada convocatória 2008 para Promoción Interna e Libre |
|
| 17 Mar 2008 |
A seguir disponibilizamos a convocatoria de exames de promoción interna e libre, que saiu no pasado dia 14 publicada no BOE: |
Dá comezo em Ourense a recollida de asinaturas contra o plus dos altos cargos |
|
| 17 Mar 2008 |
No edificio sindical do Parque San Lázaro de Ourense en 13 de Marzo citábanse delegados e delegadas sindicais da CIG nunha asemblea para tratar as liñas xerais da negociación colectiva para este 2008, así como dar comezo á campaña de recollida de asinaturas (na cual traballarán mais de cen persoas), co obxectivo de apresentar unha ILP no Parlamento da Galiza para derrogar a modificación da Lei de Función Pública, pola cal se aprobou un plus para os altos cargos da Administración galega. |
Primeiros listados do Concurso Auxiliares xa disponibilizados (C2 - BOE 29-08-2007) |
|
| 11 Mar 2008 |
Xa están os primeiros listados do Concurso de Auxiliares dependurados na Intranet da AEAT (painel de RRHH). Aqui no blogue da CIG-AEAT disponibilizamos as bases do concurso para que comprobedes a vosa pontuación (é máis cómodo que estudar o BOE...). As pontuacións, por agora, son moi provisionais e falta o "informe do xefe" (apartado TD3); revisainas ben, pois pode haber erros. Para poderdes ver eses mesmos listados pola Intranet primeiro entrades na Intranet e despois ides a "RRHH, Información General, Provisión de Puestos, Adjudicaciones Provisionales". A primeira reunión da Comisión está prevista para o día 27 de Marzo. Caso calquer dúvida, só tendes de contactar connosco (telef.: 981 61 68 89 / Fax 981 12 72 22).
|
Solidariedade com as centrais sindicais palestinianas |
|
| 11 Mar 2008 |
A Faixa de Gaza foi o cenario dunha nova agresión militar de Israel. Co argumento de pór ponto final ao lanzamento dos foguetes artesanais coñecidos como Kassam, o exército penetrou en territorio palestiniano facendo máis de 100 vítimas mortais e superando en 300 o número de feridos. No dia 3 de Marzo pasado a CIG enviou ás centrais sindicais palestinianas unha mensaxe de solidariedade e apoio. Posteriormente, con data 5 de Marzo, a CIG enviou unha carta ao ministro español dos Asuntos Exteriores e ao embaixador de Israel en Madrid. |
Novidades Concurso Auxiliares (Subgrupo C2) |
|
| 10 Mar 2008 |
É posible que nesta semana aparezan no Panel de RRHH as primeiras listas relativas ao Concurso de Auxiliares (Subgrupo C2), coas puntuacións obxectivas (antigüidade, traballo desenvolvido...). Revisai ben as vosas pontuacións, xa que pode haber erros. A idea é resolvelo a principios de Abril. |
Últimas notícias a respeito dos exames para a Especialidade Tributaria |
|
| 10 Mar 2008 |
Informamos que na pasada semana foron constituídos os Tribunais que cualificarán os exames para a obtención da Especialidade Tributaria. Ainda non foron marcadas as datas, mais, de xeito orientativo, informáronnos que serán na 2ª quincena de Maio.
|