A CIG pasa a ser a segunda forza na Galiza

21 Fev 2008

Novo número do Boletín Sindical da CIG analisa eleicións sindicais

Os datos oficiais do proceso de eleccións sindicais, feitos públicos pola Dirección Xeral de Relacións Laborais o pasado 6 de Febreiro, confirman que a CIG pasa a ser a segunda forza en Galiza con 5.628 delegadas/os, por diante de CCOO e a tan só 545 de UGT. A Executiva Confederal considera que se trata duns resultados “históricos” que “reafirman o modelo sindical que nós representamos”.