Contituída a Comisión de Valoración para o Concurso do Subgrupo C2 (Grupo D) |
|
| 19 Fev 2008 |
Hoxe tivemos unha reunión de trámite para constituir a Comisión de Valoración deste Concurso e así habilitar Admón. a solicitar os "Informes sobre aptitudes e rendementos no traballo desarrollado" (informe do xefe). Unha vez máis, a Admón., de xeito unilateral, e coa oposición de todas as organizacións sindicais, aprobou os criterios de avaliación deste informe. Desde a CIG reiteramos unha vez máis a nosa total oposición a uns informes totalmente subxectivos e, en ocasións caprichosos, sin ningún tipo de motivación. Pedimos que se fagan públicos con anterioridade á resolución do Concurso, dando a cara e as explicacións oportunas, sin ampararse nun "a min non me preguntaron", "iso é cousa da Delegada/o" ou "eu informei ben pero debéronse equivocar". ... En canto ao Plan Concilia non somos partidarios, e así o fixemos constar, de que se usen as circunstancias persoais como medio de promoción, ainda que somos conscientes que hai situaciáns familiares que se deben solucionar, pero non a costa de sacorlle o posto a quen por xustiza Ile corresponde. Calendario previsto para a resolución do Concurso:
|