Cursos preparación Promoción Interna |
|
28 Fev 2008 |
A seguir disponibilizamos información sobre os cursos da AEAT para a promoción interna. O prazo para se anotar acaba no dia 14 de Marzo: |
Que é a CIG? |
|
22 Fev 2008 |
A Confederación Intersindical Galega (CIG) xorde do seu congreso fundacional, o 19 de marzo de 1994, e é a converxéncia das duas centrais sindicais galegas, CXTG e INTG, que asinaran previamente un pacto de alianza o 2 de abril de 1990. A orixe da CIG, e da INTG e CXTG, remonta-se ás loitas sindicais da década dos 70 en Galiza, co nacimento de várias organizacións sectoriais, entre as que cabe destacar o SOG (Sindicato Obreiro Galego), que deu orixe no ano 1977 á ING (Intersindical Nacional Galega), que se unificará posteriormente coa CTG (Confederación de Traballadores Galegos) e mais a CSG (Central Sindical Galega). Deste proceso de converxéncia nacen a INTG e a CXTG, que agora se unifican na CIG. |
Resolución do Concurso de Administrativas/os publicada no BOE |
|
22 Fev 2008 |
Como xa tíñamos informado, a resolución do Concurso de Administrativas/os (Subgrupo C1), sai publicada hoxe no BOE. Disponibilizamo-la pdf para descarregar:
|
A CIG pasa a ser a segunda forza na Galiza |
|
21 Fev 2008 |
Os datos oficiais do proceso de eleccións sindicais, feitos públicos pola Dirección Xeral de Relacións Laborais o pasado 6 de Febreiro, confirman que a CIG pasa a ser a segunda forza en Galiza con 5.628 delegadas/os, por diante de CCOO e a tan só 545 de UGT. A Executiva Confederal considera que se trata duns resultados “históricos” que “reafirman o modelo sindical que nós representamos”. |
Información sobre o Plano de Formación Continua para 2008 |
|
20 Fev 2008 |
Onte, dia 19, rematamos a negociación do Plan de Farmación Continua para o ano 2008 que, se ben non recolle todas as posas peticiáns, si a maioria delas, entre as que destacamos:
|
Resolución do Concurso Subgrupo C1 (Grupo C) |
|
19 Fev 2008 |
Hoxe tamén nos informaron de que posiblemente a publicacián deste concurso sexa o día 22 de Febreiro. As instruccións que se deron desde a Subdirección de Xestián Administrativa de Persoal é que se cese a todos os adxudicatarios o día 25 de Febreiro para tomar como base o día 29 de febreiro para a aplicación do Acordo de Carreira Administrativa, polo que os funcionarios que teñan dereito a un mes para a toma de posesión terán que tomar a decisión de renunciar ao mes si queren que se Iles teña en conta o posto do concurso. Tamén se deron instruccións para que non haxa retencións, e especialmente, a quen puidese sair prexudicado por esa retención aos efectos da Carreira.
|
Contituída a Comisión de Valoración para o Concurso do Subgrupo C2 (Grupo D) |
|
19 Fev 2008 |
Hoxe tivemos unha reunión de trámite para constituir a Comisión de Valoración deste Concurso e así habilitar Admón. a solicitar os "Informes sobre aptitudes e rendementos no traballo desarrollado" (informe do xefe). Unha vez máis, a Admón., de xeito unilateral, e coa oposición de todas as organizacións sindicais, aprobou os criterios de avaliación deste informe. Desde a CIG reiteramos unha vez máis a nosa total oposición a uns informes totalmente subxectivos e, en ocasións caprichosos, sin ningún tipo de motivación. Pedimos que se fagan públicos con anterioridade á resolución do Concurso, dando a cara e as explicacións oportunas, sin ampararse nun "a min non me preguntaron", "iso é cousa da Delegada/o" ou "eu informei ben pero debéronse equivocar". |
Mesa de Formación Continua de 13 de Fevereiro de 2008 |
|
14 Fev 2008 |
Onte, dia 13, estivemos en Madrid na Mesa de Formación continua, onde a AEAT nos apresentou a súa oferta de formación para este ano. Nesta proposta, a AEAT pretende continuar coa formación para a promoción interna mediante cursos a distancia, suprimir o curso de promoción ao Grupo B Interministerial, eliminar tamén o curso de galego para o persoal destinado fóra de Galicia e que, a iniciativa da CIG, se incluira no Plan de Formación do ano pasado (con moítisimo éxito, por certo, xa que recibiu unha avalancha de máis de 500 solicitudes... ) Desde a CIG non podemos entender esta atitude, xa que o que está a facer a AEAT é privar os seus propios traballadores da súa formación. Neste sentido, deixamos ben claro as nosas reclamacións: |
Novidades Concurso administrativas/os e auxiliares |
|
13 Fev 2008 |
|
Mesa de Seguimento do Acordo de Carreira Administrativa |
|
12 Fev 2008 |
Informamos que hoxe, ás 12h30 é que se reúne a Mesa de Seguimento do Acordo de Carreira Administrativa. Está previsto que se traten os seguintes puntos:
|
Novas adxudicacións Concurso C1 a 7 de Fevereiro de 2008 |
|
07 Fev 2008 |
Xa dispomos do ultimísimo listado de adxudicacións do concurso C1... Esperamos sexa o definitivo, mais pode haber algunha renuncia pendente de procesar, portanto estaremos pendentes... (isto non acaba nunca)... Para conseguirdes o listado ou calquer outra dúvida, contactai connosco. |
Convocatoria Especialidade Tributaria |
|
07 Fev 2008 |
Informamos sobre a convocatoria de exames para a obtención da Especialidade Tributaria para administrativos, auxiliares e persoal de informática, que saliu publicada no BOE de hoxe, 2 de Xaneiro. Tendes 20 días para apresentar a instancia. A seguir disponibilizamos as respectivas resolucións:
|