Plano de axudas de Acción Social para 2008

31 Jan 2008

Disponibilizamos Acordo para descarregar

No día de hoxe pechamos o Plan de Acción Social para o ano 2008. Entre as novidades que se introducen neste Plan, destacamos:

1. Increméntase o prazo para a presentación de solicitudes ata o 30 de Xuño de 2008. O obxectivo é ir ampliando este prazo ata que coincida co ano natural.

2. A axuda de Nacemento de fillos pasa a integrarse na axuda de Pimeira Infancia.

...

3. Na axuda para "Desarrollo Educativo", na modalidade 2.3 se inclúen, os estudos universitarios e os de Formación Profesional de grado superior que se cursen fóra da localidade de residencia familiar. Esta axuda foi as que sufriu máis incremento respecto ao Plan Anterior, que pasou de 300 € a 800 €, para as rentas máis baixas, e de 110 € a 200 € para as máis altas.

4. Axuda para adqusición de vivenda: suprímese o requisito de presentar o documento relativo á resolución de MUFACE.

5. Axuda para o estudio e Cualificación Profesional dos Empregados:

- Increméntase a cuantía da axudas para ensinanzas escolares de Réxime Xeral e Especial (ESO, Bacharelato.,.), pasando de 375 € á 400€.

- Modifícanse os requisitos para as axudas para realizar cursos no ámbito da AEAT, posando a esixirse un número mínimo de horas a cursar para optar á axuda, tamén increméntanse as contías e o porcentaxe das axudas (amplíanse ao 70%, cun límite de 400€).

6. Axuda a persoas con discapacidade: increméntanse as contías, segundo o tipo de axuda.

7. Axudas para tratamentos de saúde: Incorpórase como novidade a axuda para gastos de vacinas prescritas por facultativos do sistema público de saúde que non estén subvencionadas por MUFACE ou a Seg. Social. Tamén cambian as contías de gasto mínimo e máximo subvencionable.

Nos tratamentos de Ortodoncia a deducción da axuda de MUFACE efectuarase nos dous primeiros anos que se solicite a axuda.

Segundo a CIG, a parte negativa deste Plan de Axudas para 2008 é que, un ano máis, increméntanse as contías dos tramas do nivel familiar de ingresos , polo que se segue a favorecer que se beneficien do Plan as rentas máis altas. Nós consideramos que se deben baixar os tramas para que a xente que menos cobra nesta casa sexa á que opte a estas axudas. Unha vez máis, quedámos sós na defensa desta proposta.