Acordo Carreira Administrativa e Profisional |
|
31 Out 2007 |
A seguir disponibilizamos o Acordo da Carreira Administrativa, asinado nestes últimos dias ente a Axencia Tributaria e organizacións sindicais: |
Reunión do grupo de traballo 17, 18 de Outubro sobre a Carreira Profisional |
|
18 Out 2007 |
Nas reunións desta semana seguimos a constatar o que xa viña sucedendo dende o mes de xullo: a Administración non está disposta a ceder en absoluto nas suas pretensións, demostrando unha gran irresponsabilidade por non poñer nada da sua parte para chegar a un Acordo. Nestes dous días ( apenas unhas horas de reunión efectiva ) fomos debullando todo o texto do Acordo, e cedendo en cousas a parte social en aras de ir tendendo pontes de aproximación ás posturas, bastante intransixentes por certo, da AEAT. |
Reunión do dia 2 de Outubro do Grupo de Traballo da Carreira Profisional |
|
03 Out 2007 |
Na reunión do día de onte poidemos constatar que xa houbera varias reunións previas entre os sindicatos estatais e a AEAT ás que non foi convocada a CIG. Sabemos que os representantes destes sindicatos coñecían a proposta da Administración con moita máis antelación que nós. É evidente que a maioría dos sindicatos estatais non queren ver á CIG porque somos notarios molestos da súa realidade. Con estes antecedentes non é de extrañar que as nosas siglas non figuren na proposta sindical "conxunta" presentada onte pola tarde á Administración, xa que non estamos dispostos a que ninguneen e menosprecien ao sindicalismo galego. |