Concursos C e D (administrativos e auxiliares)

23 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

O pasado día 19 de xullo, a Administración facilitounos o listado das prazas que van sair no concurso para os grupos C e D que sairá nas próximas datas. Estas prazas son as que estaban pendentes de convocar desde hai polo menos dous anos, e se derivan do famoso Acordo de febreiro de 2004.

Según este acordo, o número de prazas comprometidas era de,como mínimo de 573 prazas de nivel 18 do grupo D e 525 prazas de nivel 20 do grupo C. Temos a vosa disposición o listado completo coas prazas.Se queres máis información podes poñerte en contacto cos delegados da CIG, mandar un correo a cigaeat[@]gmail.com, ou contactar co noso local sindical ao número 981 61 68 89 (carmen).

...

Estade atentos á publicación do concurso no BOE, pois a Administración non descarta que se produza a finais de agosto ou no mes de setembro...é dicir, cando hai moita xente de vacacións...(sen comentarios).