O pasado día 5 tivemos unha reunión coa Admón. na Mesa da Comisión Permanente de Saúde Laboral, na que se analizaba, entre outras cuestións, as actuación en materia de Riscos Laborais nas Plataformas de Renda e nas bases do SVA.
En canto a Avaliación Inicial de Riscos Laborais nas Plataformas de Renda, a AEAT informou das avaliaciones realizadas e das que están a realizarse, pero sen concretar datas nin prazos.
...
Polo que poidemos comprobar a AEAT segue na súa liña e, unha vez máis, Galiza queda excluida das actuaciones dos servizos de prevención, xa que non aparece ningunha plataforma de Renta galega coa avaliación correspondente.
Por outro lado, por primeira vez, e despois de moitos anos de encontronazos coa Axencia e de moitas denuncias da CIG, xa empezamos a falar de Saúde Laboral e Prevención de Riscos Laborais no SVA.
Fomos o único sindicato que sentou nesta mesa un traballador do SVA, xa parece que non é só a AEAT quen olvida a este colectivo, senón que tamén é o gran olvidado dos sindicatos estatais.
A AEAT informou da incidencia dos accidentes laborais na AEAT, e en concreto, da altísima incidencia de accidentes no SVA, e comentounos sobre o inicio das inspeccións das embarcacións en Andalucía, Murcia, Valencia e Cataluña.
En Galiza, a pesar de contar coas embarcacións mais antigas, deixan as avaliacións para o final.As datas para examinar os barcos son os seguintes :Ribadeo e Coruña, do 6 ao 10 de agosto; Muros, Vilagarcía e Marín, do 3 ao 7 de setembro, e Vigo do 1 ao 5 de outubro.