Mesa Xeral AEAT do dia 26 de Xullo sobre a Carreira Administrativa e Profisional

27 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

A Administración convocou onte a toda a parte social á Mesa Xeral que se solicitara por todos os sindicatos nos días anteriores. Nesta Mesa Xeral a CIG asistiu atónita á actitude complaciente de todos os sindicatos ante a proposta da Administración de "deixalo pasar" e continuar as negociacións na segunda semana de setembro e así o fixemos saber.

Enriba da mesa non apareceron novas propostas; o discurso da AEAT baseábase en que en agosto teñen que coller vacacións e xa falaremos en setembro....n houbo, por parte de ningún sindicato nin unha crítica, nin un reproche...,só a CIG atreveuse a criticar esta actitude; parece coma se todos se esqueceran das concentracións e protestas da semana anterior ante incompetencia dos responsables da AEAT para ofrecer unha proposta decente de carrreira adminsitrativa.

Full story »

 

Concursos C e D (administrativos e auxiliares)

23 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

O pasado día 19 de xullo, a Administración facilitounos o listado das prazas que van sair no concurso para os grupos C e D que sairá nas próximas datas. Estas prazas son as que estaban pendentes de convocar desde hai polo menos dous anos, e se derivan do famoso Acordo de febreiro de 2004.

Según este acordo, o número de prazas comprometidas era de,como mínimo de 573 prazas de nivel 18 do grupo D e 525 prazas de nivel 20 do grupo C. Temos a vosa disposición o listado completo coas prazas.Se queres máis información podes poñerte en contacto cos delegados da CIG, mandar un correo a cigaeat[@]gmail.com, ou contactar co noso local sindical ao número 981 61 68 89 (carmen).

Full story »

 

A AEAT provoca a ruptura das negociacións sobre a Carreira Profisional

18 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

As organizacións sindicais anuncian mobilizacións

Tras máis de dous meses de intento de "negociación" da Carreira Profesional e Administrativa dos empregados da Axencia Tributaria, e ante a continua provocación do Director da AEAT, dilatando de xeito premeditado a negociación cos Sindicatos, ao ser incapaz de abordar un tema de tanto calado e transcendencia para a mellora e modernización da Administración Tributaria, os Sindicatos participantes na "negociación", manifestamos o seguinte:

1) O Director da AEAT, Sr. Luis Pedroche, non quere avanzar na implantación dun sistema de loita eficaz contra o fraude, facendo caso omiso ao que dispuxo o Parlamento na Lei de Prevención do Fraude Fiscal.

Full story »

 

Grupo de traballo Carreira Profisional

12 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Durante este martes e mércores tiveron lugar en Madrid intensas reunións do grupo de traballo encargado de elaborar unha proposta de carreira profesional e admva., para presentar na Mesa Xeral da AEAT.

Por desgracia, a postura intransixente e irresponsable da Administración imposibilitou chegar siquera a algún tipo de acercamento de ambas posturas. A AEAT pechouse en banda e enrocada no seu dogmatismo non quixo moverse nin un milímetro da sua postura inicial.

Full story »

 

Saúde Laboral

06 Jul 2007

O pasado día 5 tivemos unha reunión coa Admón. na Mesa da Comisión Permanente de Saúde Laboral, na que se analizaba, entre outras cuestións, as actuación en materia de Riscos Laborais nas Plataformas de Renda e nas bases do SVA.

En canto a Avaliación Inicial de Riscos Laborais nas Plataformas de Renda, a AEAT informou das avaliaciones realizadas e das que están a realizarse, pero sen concretar datas nin prazos.

Full story »

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2007
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << < Atual> >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software