CIG, um sindicato con ampla traxectoria na Axencia Tributaria |
|
| 17 Abr 2007 |
A Sección Sindical da CIG-Axencia Tributaria ven realizando a súa labor dende a creación deste Organismo. Neste tempo participamos activamente nas distintas Mesas de Negociación abertas no seo da Axencia, asinando uns acordos e non asinando outros, pero sempre atendendo as decisións dos delegados da CIG e contando ca opinión do persoal da AEAT. A CIG conta con delegados sindicais en todas as Delegacións da AEAT de Galicia, para que a túa opinión se escoite en Madrid, sen intermediarios. Na nosa Central Sindical practicamos o sindicalismo pola base, non deciden as cúpulas, deciden as bases. En contraposición á actuación da CIG, noutros sindicatos faise o que mandan os dirixentes sen contar nin cas súas bases nin cos traballadores. Resposta: Exemplos disto temos de abondo: Acordo Xeral AEAT-Sindicatos de febreiro de 2004, o novo Estatuto Básico do Empregado Público, acordos co MAP sobre retribucións, Acordo campaña de renda, etc , que foron asinados pola Administración e os sindicatos estatais e negociados de costas aos traballadores. Estes Acordos teñen como denominador común a perda de dereitos, o incremento das diferencias retributivas, o aumento da carga de traballo e a perda de poder adquisitivo, en definitiva, acordos que supoñen o empeoramento das condicións de traballo a cambio de nada ou case nada. A CIG GARANTE A DEFENSA DOS TEUS DEREITOS. Estas eleccións son moi importantes xa que aparte de elixir os representantes nas Xuntas de Persoal provinciais, determinará quen estará presente nas Mesas de Negociación da AEAT nas que se van tratar as nosas condicións de traballo para os próximos anos. Por iso é fundamental o teu apoio ás candidaturas da CIG para que a nosa Central Sindical siga sendo sindicato mais representativo, o que garantiza que as túas revindicacións se escoiten en Madrid. Somos conscientes de que a nosa presencia nas Mesas é molesta para a Administración e para os sindicatos estatais, porque aínda que a nosa representatividade a nivel do Estado sexa pequena, as nosas propostas e o noso empecinamento na defensa do persoal da AEAT, ás veces evita que se tomen decisións contrarias ao interés dos traballadores, e cando iso non é posible temos a capacidade de denunciar as actuación negativas que se cometan, tanto na prensa como acudindo ao Parlamento ou ao “Defensor del Pueblo”, e sacámoslle as cores aos que ca súa postura pactista traizoan a quen din defender. De aí que en negociacións tan importantes como o Acordo AEAT-Sindicatos do 25 F. ou o Estatuto do Empregado Público, tanto a Administración como os sindicatos estatais actuaran case clandestinamente para impedir que a CIG transmitira aos traballadores o que estaban argallando ás súas costas. Por iso a CIG ten que ter a representatividade suficiente para estar en todos os ámbitos de negociación da AEAT. Co teu voto conseguirémolo. ESTATUTO BÁSICO DO EMPREGADO PÚBLICO Este estatuto foi negociado de espaldas aos traballadores, e para evitar a presencia de CIG nas negociacións, creouse un denominado “Foro de Diálogo Social” no que a Administración xunto con CCOO, UGT e CSIF artellaron un Acordo lesivo para os intereses da maioría dos funcionarios públicos. Este documento acordado foi mellorado no Congreso e no Senado pero aínda así ten moitas eivas e pouco beneficio. A modo de resumen podemos dicir:
PROPOSTAS DE FUTURO Para isto defenderemos as seguintes propostas:
|