Resultados CIG-AEAT nas eleicións sindicais 2007

27 Abr 2007

Pasadas xa as eleccións sindicais, nas que a CIG acadou representación en todas as Xuntas de Persoal de Galiza, e deixando para mais adiante os correspondentes analisis, dende a CIG-AEAT queremos agradecer a todos e todas o seu apoio, e lembrarlles que o seu voto servirá para poder defender os intereses do persoal da Axencia sin vendidas nin traicións.

Un recoñecemento especial aos que fixeron posible a presentación de candidaturas formando parte das nosas listas. Moitas grazas. Seguiremos a loitar por unhas condicións de traballo dignas e na defensa dos servizos públicos

 

CIG, um sindicato con ampla traxectoria na Axencia Tributaria

17 Abr 2007

Eleicións Sindicais 2007

A Sección Sindical da CIG-Axencia Tributaria ven realizando a súa labor dende a creación deste Organismo. Neste tempo participamos activamente nas distintas Mesas de Negociación abertas no seo da Axencia, asinando uns acordos e non asinando outros, pero sempre atendendo as decisións dos delegados da CIG e contando ca opinión do persoal da AEAT.

A CIG conta con delegados sindicais en todas as Delegacións da AEAT de Galicia, para que a túa opinión se escoite en Madrid, sen intermediarios. Na nosa Central Sindical practicamos o sindicalismo pola base, non deciden as cúpulas, deciden as bases. En contraposición á actuación da CIG, noutros sindicatos faise o que mandan os dirixentes sen contar nin cas súas bases nin cos traballadores.

Full story »

 

Candidaturas da CIG-AEAT para as eleicións sindicais 2007

13 Abr 2007

A seguir informamos das candidaturas apresentadas pola CIG às próximas Eleicións Sindicais na Axencia Tributaria. Os ficheiros están en formato pdf, só tendes de clicar en cima para aceder o mesmo:

 

Estatuto Básico da/o empregada/o público

13 Abr 2007

Lei 7/2007, de 12 de Abril, do Estatuto Básico da/o empregada/o público. (BOE, 89, de 13-04-2007)

«O Estatuto Básico da/o empregada/o público estabelece os princípios xerais aplicábeis ao conxunto das relacións de emprego público, comezando polo servizo ás/aos cidadás/aos e ao interesse xeral, xa que a finalidade primordial de calquer reforma nesta materia debe ser mellorar a calidade dos servizos que a/o cidadá/ao recebe da Administración. [...]»

Disponibilizamos a seguir o texto deste Estatuto na íntegra na versión en galego:

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2007
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << < Atual> >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software