Mesa de Produtividade de 7 de Fevereiro de 2007

08 Fev 2007

Despois de moitos anos sen tratar o tema da productividade, a administración convocounos onte en Madrid para comezar a negociación deste complemento tan inxusta e arbitrariamente repartido. O Subdirector de Relacións Laborais asistiu acompañado da Subdirectora de Inspección e o Subdirector de Programación e Incentivación.

O día 6 de xaneiro, á ultima hora da mañá ( é dicir, unhas horas antes da reunión), a administración repartiu ás organizacións sindicais un "borrador" da súa proposta dos criterios dun novo baremo para o reparto da productividade dos funcionarios de inspección e para a asignación do complemento de productividade...

...

Este borrador segue a ser máis do mesmo: utilización duns criterios totalmente subxetivos para o reparto da productividade. Está claro que a idea da administración é intentar que se lle dea cobertura legal, co aval da parte social, a un reparto da productividade que, día tras día, os tribunais de xustiza consideran ilegal, arbitrario e inxusto.

A CIG deixou ben clara a súa postura: para facer un reparto da productividade xusto, débense definir con claridade as funcións de cada posto de traballo.

Non se pode facer un reparto equitativo nin proporcional se non se definen con precisión e de forma específica as funcións de cada posto de traballo, para que así se poida avaliar se cada traballador cumpre ou non co seu cometido.

Asimismo, a parte social pediu que se simplifique o número de bolsas de productividade existentes na actualidade, medida que de seguro levará a unha maior transparencia.

Quedamos pendentes dunha nova reunión onde esperamos que a AEAT facilite a información que se lle solicitou: datos sobre a productividade adicional do grupo A, desglose presupuestario de cada bolsa de productividade con detalle de cantidades e número de efectivos, etc.

Seguiremos traballando coa intención de conseguir unhas retribucións xustas e acordes coas características de cada posto.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
multi-blog platform