Mesa Xeral da AEAT de 31 de Xaneiro de 2007

01 Fev 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

O borrador da proposta da Administración constaba de 7 puntos, dos cais non se chegou a debatir en profundidade nin o primeiro. Este primeiro punto establecía que a carreira profesional e admva. baséase na agrupación de postos de traballo dos mesmos grupos de clasificación, posicións retributivas e características (excluíndo aos postos de libre desiñación e natureza operativa) nun mesmo tramo ou categoría.

A CIG na sua intervención, explicoulle á Admón. que esta se esquecera de introducir no texto que a carreira administrativa e profesional é un dereito dos/das traballadores/as para permitirlle o progresivo avance na sua vida profesional e o acceso a postos de traballo cada vez mais cualificados, con maior responsabilidade e mellor retribuidos, dentro dun sistema obxectivado de promoción. Expresamos tamén o noso desexo de que tanto os postos de libre desiñación como todo o grupo A formen parte desta negociación.

...

A CIG tamén prantexou a necesidade de avaliar cada posto de traballo antes de poder avaliar aos funcionarios/as que os desempeñen, e decir temos que analizar cada posto de traballo en función da sua responsabilidade, maior dedicación, maior dificultade técnica, peligrosidade, nocturnidade, turnicidade etc., definir as funcións destes postos para logo avaliar si o persoal que os ocupa o fai ben ou non.

Nin que decir ten que a AEAT négase a definir funcións, de maneira que non sabemos como farán o sistema de avaliación de postos, pois si o fan a través dos informes dos xefes respectivos( como nos concursos) imos aviados/as, por non decir outra cousa.

Lamentablemente a reunión unha vez mais non deu ningún froito xa que por parte de algúns sindicatos empezaron a salirse do tema que nos ocupaba e unha vez mais a Administración demostrou ter moi pouca cintura e levantouse da Mesa, e xa van unhas cuantas, suspendendo a reunión sine die.

Nos pensamos que nestes intres preelectorais non son os mais idóneos para negociar algo de tanto calado como a carreira profesional-admva. do persoal da AEAT. Ademais estamos pendentes da aprobación definitiva do Estatuto da Función Pública que vai supoñer un duro pau para os traballadores e que modificará sustancialmente as características de carreira que temos agora

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
multiblog engine