Nova reunión da Mesa de Formación Continua

31 Jan 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

O pasado día 30 estivemos na Mesa de Formación Continua da Axencia para o ano 2007. Nesta mesa a administración informounos do presuposto previsto para formación para o ano 2007 (1 millón de euros), e da nova proposta do proxecto do Plan de Formación Continua para o ano 2007.

Nesta nova proposta da administración quedaron recollidas moitas das accións formativas, que de xeito verbal e escrito, leva reclamando a CIG durante moito tempo.

...

De xeito resumido, os cursos de formación continua que teremos para o ano 2007, son os seguintes:

- Cursos para a preparación da promoción interna (para o corpo auxiliar, administrativo, axentes, corpo técnico de facenda, xestión do estado, corpo superior inspección do estado, persoal laboral...).

- Cursos para a obtención da especialidade en Administración Tributaria (para os grupos C e D).

- Formación en materia de normativa xeral (Estatuto da Función Pública, Plan Concilia, Política Igualdade de Xénero,Prevención do Fraude Fiscal, etc).

- Formación en Saúde Laboral e Prevención de Riscos (primeiros auxilios, patoloxías da voz, etc).

- Cursos a distancia de galego (para que o poidan facer os galegos destinados lonxe da nosa terra) e de idiomas extranxeiros.

Esperemos que se faga unha importante difusión informativa para que todos os traballadores da Axencia teñan en todo momento coñecemento das opcións que teñen para a súa formación. Seguiremos con atención a execución do Plan, e a realización de todos os cursos comprometidos.

Se precisades a relación completa dos cursos, poñédevos en contacto cos vosos delegados ou contactade co teléfono 981 12 72 24.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution