Mais sobre Acción Social 2007

31 Jan 2007

Onte cerrouse o Plan de Acción Social do ano 2007, todos os sindicatos, agás a CIG estaban de acordo coa administración. A CIG non asinou por entender que dito plan aos únicos que beneficia son as rentas máis altas da AEAT en detrimento das rentas máis baixas, xa que neste Plan e ca deducción por número de fillos e o aumento da base imponible ata 37.000 euros, poderán ter acceso ás axudas funcionarios con rentas superiores a 45.000 ou 50.000 euros anuais, e así, lóxicamente para poder cubrir estas axudas non se poden aumentar as contías das axudas do persoal que menos gaña na AEAT.

Como novedades deste plan, incrementouse a dedución por fillos, 2600 euros por cada un dos dous primeiros fillos e 2000 a partir do terceiro (antes eran 1.800 €), e os fillos deberán ser menores de 25 anos ( e non 23 como era antes), se amplía o importe máximo que cada empregado poderá percibir polo conxunto de axudas (pasa de 6.300 a 6.700), etc.

...

Por outro lado, e como aspecto moi negativo, retiran o seguro de vida e incapacidade permanente absoluta que tiña contratado a AEAT para todo o persoal e o inclúen no Plan de Acción Social como unha nova axuda, polo que entendemos que é o primeiro paso para suprimir esta cobertura e os cartos que se aforra a AEAT servirá para consolidar as axudas para as rentas máis altas da AEAT.

Temos a vosa disposición o ACORDO sobre o PLAN DE ACCIÓN SOCIAL, se queredes dispoñer del podedes contactar cos vosos delegados ou co teléfono 981 12 72 24.