CONCURSO INFORMÁTICA (2006 A 01.- Xa quedou pechada a Comisión de Valoración do concurso, que se reuniu por última vez o pasado 30 de xaneiro, xa quedaron todos os postos e próximamente se enviará ao BOE.
CONCURSO AXENTES (2006 A 02)- Todavía se están a preparar os listados provisionais, o retraso nos listados deste concurso ven motivado pola documentación adicional que se está pedindo para xustificar a puntuación da conciliación da vida familiar e laboral. As últimas previsións apuntan a que a reunión da Comisión terá lugar entre a segunda e a terceira semana de febreiro.
...
CONCURSO CORPO TÉCNICO DE FACENDA (2006 A 03)-A reunión da Comisión de Valoración foi o pasado día 30 de xaneiro. Únicamente se tratou a aplicación do Plan Concilia a este concurso, e facilitáronos, de xeito máis detallado, os criterios que se seguirán sobre a conciliación familiar e a documentación que se esixirá aos concursantes por este apartado.
Para calquera aclaración sobre os concursos podedes:
- Dirixirvos aos delegados da CIG do voso centro de traballo.
- Chamar ao teléfono 981 12 72 24 (AEAT A Coruña 981 20 13 00-Ext 2459).
- Mandar un fax ao 981 12 72 22.
- Enviar un correo ao cigaeat[@]hotmail.com.