Propostas da CIG ao Plano de Acción Social 2007

28 Jan 2007

Os próximos días 29 e 30 de xaneiro reuniremonos coa administración para tratar o Plan de Acción Social para o ano 2007, nos que a CIG presentará as súas propostas.

A propostas da CIG están encaminadas á axudar aos viúdos/as e fillos dos traballadores da AEAT, que, no momento do seu falecemento prestaban servizos na Axencia Tributaria.

...

Consideramos que os viudos/viudas ou orfos dos traballadores da AEAT son un colectivo que merece unha especial protección, xa que este colectivo, ademais de perder un cónxuxe, un pai ou nai, perde unha fonte importante de ingresos, polo que a administración non debe permanecer allea a esta situación.

A nosa proposta pasa porque este viúdo/a,e os seus fillos podan acceder ás axudas do Plan de Acción Social durante un período transitorio de dous anos, poidendo optar así a axudas como as de desenrolo educativo, etc., o que sen dúbida axudará a paliar o quebranto económico que supón a perda dun familiar.

Asimismo, faremos constar a nosa discoformidade cos retrasos á hora de pagar ás axudas, e imos propoñer que se anulen os prazos de presentación de solicitudes ( que se poidan presentar durante todo o ano, sen suxección a prazos previamente establecidos), e que a resolución das axudas non se demore máis de dous meses.

Se queredes información máis detallada sobre as nosas propostas, podedes contactar co teléfono 981 12 72 24, ou contactar con nós a través do correo cigaeat[@]hotmail.com