Mesa de Formación Continua

27 Jan 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

O pasado día 24 estivemos na mesa de Formación para que a AEAT nos presentara as súas propostas en materia de formación continua para o ano 2007.Como sempre, a administración deixa todo para o último momento, xa que nos convoca só con marxe dunha semana para presentar o Plan de Formación Continua no MAP ( o día 31 de xaneiro é o día límite para que éste se presente no MAP).

Na proposta da administración desaparece a posibilidade de realizar os cursos para preparar a promoción interna de xeito presencial, agora todas as posibilidades para facer os curso de preaparación á promoción pasan por facelos "a distancia", e, en principio non se contempla outra opción.

...

A CIG presentou por escrito as súas propostas, entre as que destacamos:

- Esiximos que se manteña a formación presencial, e pedimos garantías reais de que ninguén vai ter dificultades u trabas á hora de facer os cursos.

- Pedimos que se inclúan no plan de formación cursos preparación para a obtención da especialidade tributaria para os grupos C e D.

- Pedimos máis cursos de formación na materia de Saúde Laboral, na área de Aduanas e Vixiancia Aduaneira.

- Esiximos cursos de galego fóra de Galicia, para que os galegos que están destinados lonxe da nosa terra poidan acceder a eles.

E o último, e máis importante: que se lle dea unha maior difusión informativa aos cursos de formación, para que toda a información dos cursos chegue a todas as Administracións da AEAT e a todas as unidades e dependencias, para que en todo momento todos os traballadores teñan coñecemento de todas as opcións que telen para continuar coa súa formación.

A próxima reunión será o vindeiro 30 de xaneiro, SEGUIREMOS INFORMANDO.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
open source blog