Campaña da Renda 2006

24 Jan 2007

O día 23/01 reunímonos coa Admon. para tratar sobre a campaña de renda do 2006. Pola admón. estaban a Directora de RR. HH e Adom. Económica, o Director Adjunto de RR.HH, o Subdirector de Relacións Laborais, e Jesús Gascón representando a Gestión Tributaria.

A administración fixo unha exposición do resultado da campaña de 2005, e quedou en darnos máis información dos resultados por Delegacións.
Para este ano 2006 adiantouse a convocatoria para selección de persoal laboral e se incrementan as prazas un 4% (Boe 29-12-06).

...

Espérase contratar a 2706 entre o CAT e o SET; modificouse o modelo de selección. E espérase que estéan contratados o 19/02 os laborais do CAT e 16/04 os do SET.

Por parte da CIG fixemos constar que:

- a campaña de renta comenza o 1 de marzo coa solicitude da devolución rápida, e non o 2 de maio.

- que non aceptamos a creación de postos virtuais por que vai en detrimento dos operadores de pc que teñen que atender a máis xente no mesmo tempo.

-Que se solucione o problema das citas telefónicas.

- que se respeten os módulos : 1 coordinador , 8 operadores de pc e 1 apoio.

- que a formación sexa millor, máis horas e con máis antelación.

- que non se xogue coas citas das tardes, abrindo e pechando tardes a capricho, sen dar tempo a que os traballadores organicen a sua vida.
Solicitamos o orzamento co que se conta para a campaña de este ano, supostamente un 9% mais que o da anterior.


Quedouse en ter unha nova reunión o día 8 de febreiro. Si queredes podedes aportar ideas a través do correo cigaeat@hotmail.com

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

More on RSS

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution