Mesa Xeral de 16 de Xaneiro virada para a Carreira Profesional dos empregados da AEAT

19 Jan 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

O pasado 16 de xaneiro, a administración convocounos para comezar a discutir sobre os criterios da carreira profesional dos empregados da AEAT. A proposta da administración comezaba por facer unha distribución por categorías e basada na antigüidade, a valoración do desempeño e a formación.

A CIG deixou ben claro que, na actualidade, non existe unha definición dos distintos postos de traballo nin das súas función. Como ben sabedes, en todas as administración e delegación da AEAT atopamos funcionarios do grupo D asuminndo traballos do grupo C, e así sucesivamente, sen ningunha lóxica e sen o amparo de ningún regulamento.

...

A nosa proposta pasa porque antes de comezar a facer un proxecto de carreira profesional debemos, en primeiro lugar, facer un estudo das necesidades de persoal en toda a AEAT, é dicir, comezar por realizar o que chamaríamos un Catálogo de Postos de Traballo, no que se definan de xeito concreto e preciso as funcións e responsabilidades de cada posto, e en segundo lugar, determinar o número de niveis e complementos específicos necesarios para tratar de eliminar as diferencias retributivas que, na actualidade, existen na administración.

Dese xeito, o maior incremento empezaría polos que cobran menos e habería un reparto máis equitativo e non se producirían as diferencias tan pronunciadas entre as retribucións dos distintos grupos.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
free blog tool