Plano 2007 Acción Social

18 Jan 2007

O pasado día 18 de xaneiro reunímonos a parte social e a administración para empezar a desenrolar o Plan de Axudas da AEAT para o ano 2007. Coma sempre, e por non perder o costume, a admón tiña preparada a súa xogada: este ano pretenden eliminar o seguro de vida e accidentes que temos todos os traballadores da Axencia e adicar eses cartos para Acción Social.

A súa idea é que se incrementen os niveis de renta dos tramos que se exixen para acceder a esas axudas, o que na práctica leva a que saian beneficiados os que teñen un maior nivel de renta, en contra do que debería ser o espíritu do plan, é dicir, favorecer as persoas con menores ingresos.

...

A CIG presentará as súas propostas na próxima reunión que nun principio será o día 29 de xaneiro, estas propostas poderedes velas nesta páxina a partir do día 26. Se queredes facernos chegar as vosas ideas ou suxerencias, podedes facelo por teléfono no número 981 12 72 24, ou mandarnos un correo a cigaeat[@]hotmail.com

Como xa sabedes, o ano pasado a CIG non asinou o plan de axudas do ano 2006, por estar falto de obxetivos concretos, e cun presuposto e unha distribución das axudas non acorde ás necesidades dos traballadores da Axencia.Parece que o tempo deunos a razón, pois non se chegaron a gastar os 8.510.000 € do presuposto do Plan do 2006 ( gastáronse 8.000.385€) polo que loitaremos por un reparto máis xusto e por unhas axudas que cumplan as expectativas dos traballadores mais con menores rentas da AEAT.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
multiblog engine