Proxecto de Lei do Estatuto da/o Empregada/o Pública/o

26 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Reunión da CIG, no pasado dia 13, cos grupos parlamentares do BNG, CC, PNV e IU

En primeiro lugar xuntámonos có BNG (Francisco Rodríguez), díxonos que se xuntaba a comisión de ponentes ó día seguinte (o día 14) e que ían seguir defendendo as emendas da cláusula de revisión e descentralización da negociación colectiva.

De todos os xeitos, a ponencia aceptou total ou parcialmente (ou transacionou) algunhas das emendas apresentadas polo BNG como:

...

- Incluir ao persoal directivo na clasificación e aceptar o principio de concurrencia para a súa designación, aínda que mantendo a figura e status que criticamos.

- Inclúe que a formación contínua deberá ser (preferentemente) en horario laboral.

- Acepta a paga de trienios para os interinos.

- Adapta o rexime de xornada e permisos ao Plano Concilia.

- Acepta incluir a necesidade de atender ao cidadán no idioma que éste o solicite.

- Inclúe a xubilación parcial.

- Inclúe a mobilidade por violencia de xénero.

- Da pasos cara a posibilidade de acceder no futuro á xubilación anticipada (aínda que non o dispón expresamente).

Aínda que seguen a pensar que hai cousas fundamentais que non se conqueriron, recoñece que houbo melloras sobre o texto apresentado inicialmente.

O PNV (Emilio Olavarría) manifestou o desacordo coa exclusión da CIG e ELA das negociacións cós sindicatos e amosou a súa disposición a emendar
sobre a descentralización da negociación.

CC (Mauricio) dixo estar disposta a apoiar iniciativas descentralizadoras.

IU-IC-V (Isaura Navarro) manifestou que había algunhas cousas positivas (Trienios interinos, xubilación parcial, permiso paternidade, traslado por violencia, non discriminación por sexo) pero eran moitas mais as negativas. Concordaban con nós nas materias de tipo social, mais non na descentralización da negociación colectiva (aínda que o goberno dicíalle que xa estaba negociado con CCOO e UGT.

Nós manifestamos a todos os grupos, que, a pesares de recoñecer algúns pequenos avances, pensabamos que nos parecía inasumible un texto que non contemplara a cláusula de revisión e a descentralización da negociación colectiva.

Agardamos que nos vindeiros días teñamos novas sobre o peche da comisión.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS