Reunión do dia 21 da Mesa Xeral da AEAT

22 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Onte reunímonos en Madrid na Mesa Xeral, segundo o acordado o pasado día 1 de decembro para tratar de iniciar a negociación da carreira profesional e administrativa de TODO o persoal da AEAT.

A continuación transcribimos, de xeito textual, o comunicado entregado pola administración aos sindicatos:

...

1. Obxetivos da negociación:

- Cumprimento da Disposición Adicional 4ª da Lei 36/2006, do 29 de novembro, de medidas para a prevención do fraude fiscal.

- Determinación das pautas e criterios da carreira profesional e administrativa do persoal da AEAT.

2. Indice da negociación:

- Articulación dunha carreira administrativa máis longa e progresivamente desvinculada do cambio do posto de traballo.

- Promoción na carreira de acordo cos requisitos previamente definidos, con especial incidencia na avaliación do desempeño.

- Proposta adaptada o modelo previsto no Estatuto Básico do Empregado Público.

- Determinación da estructura básica da carrera e dos criterios de progresión.

- Adecuación da estructura dos postos de traballo da AEAT.

3. Calendario

Unha reunión cada 15 días a partir do 16 de xaneiro do 2007

Como podedes ver, no comunicado da administración carece de propostas concretas para negociar, o que fixeron foi "escurrir o bulto" para pasar o trámite desa reunión e deixar o tema, coma sempre, para outro momento. Nos seguiremos no noso empeño de non deixar pasar a oportunidade de negociar unhas condicións dignas de traballo para a totalidade do colectivo dos traballadores da AEAT.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
blog software