Paralisado até ao dia 9 de Xaneiro o Concurso de Informática

21 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Unha vez máis a Axencia Tributaria demóstranos como resolve os concursos:só importa que ao candidato "oficial" lle cheguen os puntos para obter o posto e para o resto dos concursantes xa se buscará algun motivo para que non molesten. Nesta ocasión os "motivos" foron os méritos específicos.

O manexo do concurso empeza coa convocatoria: convócanse os postos cuns méritos "adaptados" ao "candidato oficial". Non teñen reparo para pedir méritos distintos para postos similares sin ningunha explicación.Para os responsables da AEAT todos os méritos valen o mesmo: da igual ter, por poñer un exemplo, "experiencia en word" que "experiencia en análisis e desenvolvemento de aplicacións".

...

Outro punto quente foi o certificado de méritos:a idea era que cada concursante dixese os seus méritos e o responsable rexional de informática lle dese o visto e prace, pero non foi así en todos os sitios.

O caso é que a hora de resolver o concurso poidemos comprobar que máis do 90% dos concursantes quedaban excluidos por non chegar á puntuación mínima no apartado dos méritos específicos.Este é o motivo "formal" para paralizar a resolución do concurso: hai méritos iguais pero con outra denominación e non se valoraron, méritos que incluen outros que se debían valorar, etc.

Visto esto a Admón. decidiu paralizar a resolución do concurso ata o 9 de XANEIRO, e da de prazo ata esa data para que calquera concursante que crea que non está valorado correctamente no apartado dos MÉRITOS ESPECÍFICOS solicite ao seu responsable rexional de informática un novo certificado de méritos para que, ao seu entender, teñan que ser valorados correctamente no concurso.