Escrito da CIG ao "Defensor del Pueblo" sobre a situación do SVA

29 Dez 2006
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Como xa sabedes, o pasado día 14 de decembro a CIG presentou un escrito ao "Defensor del Pueblo", no que denunciabamos a indefensión en que se atopan os funcionarios/as do SVA en relación á situación de segunda actividade, xa que ésta aínda non conta cun regulamento específico.

Este dereito á segunda actividade viña recollido na Lei 66/97, onde se especificaba que debía contar cunha legislación que o regulase, polo que xa imos para dez anos de retraso o cal perjudica gravemente os os intereses deste colectivo.

Full story »

 

Proxecto de Lei do Estatuto da/o Empregada/o Pública/o

26 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Reunión da CIG, no pasado dia 13, cos grupos parlamentares do BNG, CC, PNV e IU

En primeiro lugar xuntámonos có BNG (Francisco Rodríguez), díxonos que se xuntaba a comisión de ponentes ó día seguinte (o día 14) e que ían seguir defendendo as emendas da cláusula de revisión e descentralización da negociación colectiva.

De todos os xeitos, a ponencia aceptou total ou parcialmente (ou transacionou) algunhas das emendas apresentadas polo BNG como:

Full story »

 

Emendas ao Estatuto Básico da Función Pública

26 Dez 2006

Apresentadas polo grupo parlamentar do BNG

Artículo 10

Adición

Se modifica la letra a) del apartado 1, con la siguiente redacción:

a) La existencia de plazas vacantes cuando no sea posible su cobertura reglamentaria por funcionarios de carrera.

JUSTIFICACIÓN

Se evita con esta modificación dejar abierta a cualquier forma de cobertura la plaza vacante que puede generar determinadas situaciones que de hecho sean un fraude de ley a la hora de cesar a un funcionario interino. Se trata de dar garantías mínimas a que la cobertura se realizará según los procedimientos que se prevean en los reglamentos de desarrollo lo que redunda en una mayor defensa del principio de legalidad.

Full story »

 

Reunión do dia 21 da Mesa Xeral da AEAT

22 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Onte reunímonos en Madrid na Mesa Xeral, segundo o acordado o pasado día 1 de decembro para tratar de iniciar a negociación da carreira profesional e administrativa de TODO o persoal da AEAT.

A continuación transcribimos, de xeito textual, o comunicado entregado pola administración aos sindicatos:

Full story »

 

Paralisado até ao dia 9 de Xaneiro o Concurso de Informática

21 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Unha vez máis a Axencia Tributaria demóstranos como resolve os concursos:só importa que ao candidato "oficial" lle cheguen os puntos para obter o posto e para o resto dos concursantes xa se buscará algun motivo para que non molesten. Nesta ocasión os "motivos" foron os méritos específicos.

O manexo do concurso empeza coa convocatoria: convócanse os postos cuns méritos "adaptados" ao "candidato oficial". Non teñen reparo para pedir méritos distintos para postos similares sin ningunha explicación.Para os responsables da AEAT todos os méritos valen o mesmo: da igual ter, por poñer un exemplo, "experiencia en word" que "experiencia en análisis e desenvolvemento de aplicacións".

Full story »

 

A CIG continua a luitar pola segunda actividade en Vixilancia Aduaneira

13 Dez 2006
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Reproducimos escrito enviado ao "Defensor del Pueblo"

Dende a CIG-AEAT imos levar adiante unha nova iniciativa para que a AEAT cumpra o artigo 56 da Lei 66/1997 na que se recolle a segunda actividade para os funcionarios/as de Vixiancia Aduaneira.

Vai para dez anos que a AEAT está a incumprir a Lei ao non desenrolar un regulamento de funcionamento desta segunda actividade. Parecenos gravísimo que unha Administración Pública encargada de que a cidadanía cumpra as suas obrigas para co Estado, incumpra sistematicamente un mandato do Parlamento efectivizado a través dunha Lei.

Full story »

 

Mesa do dia 29 de Relacións Laborais e Garantias Sindicais

04 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

O pasado venres asistimos en Madrid á Mesa de Garantías Sindicais, onde se tratou a forma de encauzar a situación do colectivo do grupo B, co trasfondo dos expedientes disciplinarios que foron abertos pola forma de levar a cabo as súas reinvindicacións.

Despois de varias propostas da administración, sen chegar a un acordo, a Axencia entregounos a primeira hora da tarde un novo texto, no que se recollen, textualmente, os seguintes puntos:

Full story »