Aplicación do Plano Concilia nos concursos

21 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A proposta de criterios que previsiblemente rexirá para a aplicación do Plan Concilia nos Concursos de informática e de axentes da facenda pública, pódese resumir nos seguintes termos:

A puntuación que derive dos supostos de conciliación será como mínimo o 10% da puntuación máxima total do concurso.

...

DESTINO PREVIO DO CÓNXUXE:

O término cónxuxe exclúe calquer outro tipo de relación distinta á do matrimonio.

O término funcionario abarca a todas as administracións públicas pero deixa fora aos laborais, é previsible que inclúan ao persoal estatutario.

O concello onde radique o posto solicitado debe ser o de destino do cónxuxe e este tivo que obterse por novo ingreso, concurso ou libre designación.

O solicitante debe optar dende concello distinto. Para estes casos e os de coidado dos fillos esixirase certificado literal de empadroamento.

COIDADO DE FILLOS:

A situación familiar que terá en conta a administración será a que exista na data de presentación das instancias. Para que se valore o coidado de fillos, éstes deben ser menores de 12 anos. Consideramos que sería máis xusto que se valorase a situación existente na data de resolución do concurso, xa que poden existir moitas circunstancias novas que xurdan entre o prazo que vai desde a solicitude ata que éste se resolva.

COIDADO DUN FAMILIAR:

En relación ao coidado dun familiar, o solicitante da praza ten que residir nun concello distinto de aquel ao que pretende traladarse e éste debe coincidir co correspondente ao do familiar que será obxecto de coidado (vaia faena, si un funcionario pretende trasladarse por coidado dun familiar, éste ten que residir nun concello que conte cun centro de traballo da AEAT, ou tamén nos da súa área de influencia)

Non se terá en conta a distancia kilométrica entre o posto de saída e o de chegada nin se valorará si se trata de un cambio por mobilidade xeográfica ou por promoción.

En fin, o famoso concilia, presenta mais problemas dos que vai a resolver. Nos xa o dixemos dende o primeiro momento, é un plan discriminatorio que vincula a conciliación da vida laboral e familiar a que o/a cónxuxe sexa funcionaria/o, a que os familiares que necesitan coidado residan en concellos que conten con dependencias da Axencia, e que pode dar lugar a todo tipo de picaresca.

Salvo sorpresa de última hora estes criterios rexirán tanto para o concurso de axentes como para o de informática. Temos á vosa disposición as propostas da administración sobre todas as circunstancias comentadas anteriormente.

SEGUIREMOS INFORMANDO