Acción Social 2007

28 Nov 2006

Nas vindeiras datas comezaremos en Madrid a negociación do novo Plan de Acción Social da Axencia para o 2007. Estamos abertos a todas as propostas que teñades e que consideredes relevantes: axudas que botedes en falta, aspectos a mellorar...etc.

Se queredes colaborar podedes mandar un fax coas vosas suxerencias ao 981 12 72 22, ou enviar un correo electrónico a cigaeat[@]hotmail.com.

 

Nota de imprensa S.V.A.

24 Nov 2006
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Unha vez mais dende a Confederación Intersindical Galega queremos denunciar o desmantelamento e a precariedade na que están a traballar os funcionarios do S.V.A. en Galiza.

Dende primeiros do mes de novembro a provincia de Pontevedra queda só cunha embarcación de medio porte, xa que o patrullero ABANTO abandonou as augas de Galiza con destino Cartaxena; o patrullero PAIÑO, que "ocupara" o seu sitio acaba de saír do varadero, e, polo tanto en probas, o que fai imposible que se atope apto para traballar ao 100%, como sería desexable para unha boa vixiancia, e só vai estar en Galiza mentres duren as probas (un ano aproximadamente, como xa pasou coas embarcacións ABANTO, DECIMO ANIVERSARIO,etc).

Full story »

 

Aplicación do Plano Concilia nos concursos

21 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A proposta de criterios que previsiblemente rexirá para a aplicación do Plan Concilia nos Concursos de informática e de axentes da facenda pública, pódese resumir nos seguintes termos:

A puntuación que derive dos supostos de conciliación será como mínimo o 10% da puntuación máxima total do concurso.

Full story »

 

Reorganización das administracións da AEAT

14 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Nos pasados días, a AEAT remitiunos o "Documento Marco sobre a Reorganización das Administracións da Axencia Tributaria". Nese documento, e segundo a nova reorganización, defínese a división das Administracións da AEAT en tres tipos: as de Control Especializado (Nivel 1), as de Control Xeral (Nivel 2) e, por último, as de Información e Asistencia (Nivel 3).

As administracións de Nivel 3 únicamente realizarán as funcións de recepción de documentos, información ao contribuínte, xestión censal, atención na campaña de renta, etc, traspasándose, pois, as competencias de xestión, recaudación e inspección a administración ou delegación de Nivel 2 ou 1 que conrresponda.

Full story »

 

Mesa Xeral do dia 8 de Novembro de 2006

09 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Antes da reunión a Administración fainos entrega dunha proposta de funcionamento das Mesas de traballo e de convocatoria destas mesas.Propoñen abrir este mes as mesas de productividade-avaliación do desempeño, calendario laboral e campaña de renda, deixando aberta a posibilidade de introducir novos temas, para tratar nos vindeiros meses, a proposta das organizacións sindicais.

Por parte da CIG tiñamos previsto, a parte das que propón a Admón., incidir na urxencia da convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo Horario de V.A., e as seguintes mesas: de seguimento da reorganización das Administracións, de saúde laboral, de retribucións e emprego, de produtividade, de avaliación do desempeño.

Full story »

 

Nova Lei Antidopaxe

07 Nov 2006
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

O pasado 3 de outubro o Senado aprobou o proxecto da nova Lei Antidopaxe, no que se inclúen numerosas novidades: creación da Axencia Estatal Antidopaxe, a posibilidade de facer controles por sorpesa de tódalas sustancias que poidan dar positivo nun control antidopaxe, as potestades de inspección dos botiquíns médicos, etc...

Segundo esta nova lei as facultades de inspección recaerán no Departamento de Aduanas e Impostos Especiais, xunto coas demais forzas e corpos de seguridade do estado e oas Servixos de Inspección Sanitaria que correspondan.

Full story »