As delegadas e delegados da Área Pública da CIG concentraranse o próximo martes, 31 de outubro, ás 12 horas, diante da Delegación do Goberno ( A Coruña ) para amosar o seu rexeitamento ao Acordo Admón.- Sindicatos, asinado recentemente polo Goberno do PSOE e as centrais sindicais CCOO, UGT e CSIF.
Este Acordo supón unha nova perda de poder adquisitivo para os traballadores e traballadoras da Función Pública, que vemos como ano tras ano seguimos a perder cartos, independentemente de quen goberne no Estado, e sempre ca connivencia de CCOO, UGT e CSIF.
...
A CIG segue mantendo as suas propostas retributivas : unha suba igual á do IPC real ( o 3,8% para este ano ) que se inclúa a cláusula de revisión salarial, a recuperación do poder adquisitivo, a eliminación da taxa de reposición de efectivos, recoñecemento de todos os dereitos ao persoal dentro do mesmo réxime laboral etc.
Dende a CIG negámonos a ser cómplices de que o persoal de niveles e categorías mais baixos segan a acumular perda de poder adquisitivo. Os/as nosos xefes teñen mecanismos para continuar gañando mais, a productividade sen ir mais lonxe.