Reunión da Mesa Xeral da AEAT do dia 30 de Outubro |
|
31 Out 2006 |
O 30 de outubro reuniuse en Madrid a Mesa Xeral da AEAT, na que a Admón. expuxo a sua intención de planificar os temas a tratar no futuro inmediato, facendo un esbozo no que entraban cuestións como productividade, concursos, calendario laboral, plan concilia, avaliación do desaempeño, etc. Na sua intervención os representantes da CIG dibuxaron a situación laboral da Axencia Tributaria en plan crítico e con certo pesimismo cara o futuro. Explicámoslle aos novos rectores de RR.HH que é preciso reducir as enormes diferencias salariais existentes hoxe en día entre os distintos grupos e colectivos da Axencia, sendo sobre todo escandalosa a diferencia retributiva entre os "pata negra" do grupo A e o resto. |
Mobilización da área pública da CIG contra a rebaixa de salários |
|
25 Out 2006 |
As delegadas e delegados da Área Pública da CIG concentraranse o próximo martes, 31 de outubro, ás 12 horas, diante da Delegación do Goberno ( A Coruña ) para amosar o seu rexeitamento ao Acordo Admón.- Sindicatos, asinado recentemente polo Goberno do PSOE e as centrais sindicais CCOO, UGT e CSIF. Este Acordo supón unha nova perda de poder adquisitivo para os traballadores e traballadoras da Función Pública, que vemos como ano tras ano seguimos a perder cartos, independentemente de quen goberne no Estado, e sempre ca connivencia de CCOO, UGT e CSIF. |
Mudanzas nas Subdireccións de Recursos Humanos da AEAT |
|
23 Out 2006 |
O pasado día 18 de outubro publicáronse no BOE os cambios producidos no Departamento de Recursos Humanos da AEAT (cese do Subdirector Xeral de Relacións Laborais e o de Xestión Administrativa de Persoal). Ante o novo panorama que se presenta coas novas incorporacións neses postos e dada a preocupante xestión da Axencia en materia de persoal, presentamos un escrito dirixido ao Departamento de Recursos Humanos para que, á maior brevidade, convoquen as seguintes mesas: |
Vixilancia Aduaneira no Congreso das/os Deputadas/os |
|
17 Out 2006 |
A preguntas da Diputada no Congreso en Madrid do B.N.G., Olaia Fernández Davila, con data 06-07-2006, sobre a situación do S.V.A, un ano despois da aprobación da iniciativa no pleno da cámara, e na que non se ten constancia de que o Goberno realizase ningún cambio, tanto nos medios materiais, como humanos,( 2º Actividade, idade dos traballadores, embarcacións, etc), a resposta do Goberno foi a seguinte: "... es significativa la entrada en funcionamiento del buque de operaciones especiales " FULMAR" que complementa la labor del "PETREL ". O QUE NON DI E SI TEN BASE EN GALIZA OU NON, fai mención do helicóptero, do ABANTO, e do PAIÑO, o que non di e co ABANTO marcha este mes destinado para Cartaxena e que o PAIÑO estará en Galiza só un ano , mentras duren as probas. |
Os concursos na AEAT |
|
14 Out 2006 |
As duas últimas semanas estivemos asistindo á resolución do CG2004 e pudemos comprobar a famosa teoría de Peter "si algo é susceptible de empeorar, empeorará". Decimos esto a conto de que na Axencia nunca os concursos se resolveron de maneira adecuada, obxetivamente e con seriedade, pero o que vimos neste concurso roza o esperpento. A maneira de exemplo podemos poñer o caso dunhas prazas para Pontevedra nas que con identicos méritos acreditados polos responsables de Departamento se puntuaban de distinta maneira, para aclararnos, o xefe do Departamento X expedía a tres funcionarios tres informes iguais exatamente e o/a superior de turno puntuabaos diferente. |